Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción
O Estadio Municipal da Lomba de Vilagarcía de Arousa acolleu este mércores o primeiro dos partidos da Rolda Elite Sub-19 Feminina que esta semana aterrou en Galicia.
Irlanda tirou de efectividade para dobregar con claridade á selección de Hungría (4-0) na primeira xornada do torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.
Hungría demostrou bo toque de balón, pero Irlanda foi máis competitiva. No minuto 29 Payne foi derrubada dentro da área e a propia dianteira foi a encargada de materializar a pena máxima. E no 36 chegou o segundo gol irlandés nunha acción desafortunada de Kovacs, que marcou en propia porta.
Con 0-2 chegouse ao descanso e na segunda metade repetiuse a historia, con dúas tantos máis.
Irlanda repetirá o sábado (13:00 horas) partido no Estadio da Lomba, esta vez ante Serbia, mentres Hungría xogará en Santiago de Compostela contra España.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción |
-
A clasificación da Selección Española para o Europeo Sub-19 pasa por Vilagarcía
Por Almu Dapena |