O Memorial Valenciaga, proba marcada en vermello no calendario do Froiz
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz estará presente o vindeiro domingo, 7 de abril, nunha das probas de maior prestixio do calendario nacional de ciclismo elite e sub-23, o Memorial Valenciaga.
Trátase da sétima proba puntuable da Copa de España, e unha data marcada en vermello para tentar lograr un bo resultado que fagan esquecer os problemas sufridos ao longo da competición, na que non chegaron os resultados esperados pola escuadra.
O palmarés do Valenciaga conta con nomes ilustres do ciclismo profesional como Mikel Neve, Purito Rodríguez, Óscar Freire ou Chechu Rubiera, entre outros, un aliciente extra para o plantel de corredores do conxunto pontevedrés.
A carreira partirá ás 9:00 horas do domingo desde a localidade vasca de Eibar con case 170 quilómetros de percorrido nos que o pelotón terá que encarar, ademais dunha infinidade de zonas crebadas, seis ascensións puntuables: Itziar (3ª categoría), Meagas (3ª categoría), Azkarate (2ª categoría), Elgeta (2ª categoría), Ixua (1ª categoría) e San Miguel (3ª categoría).
Representarán o Froiz na carreira vasca: Diego González, Diego Noriega, Aitor Bugarín, Aarón Mariño, Marcos Navarrete, Abel Franco e Adrián Barros.
Relacionadas:
-
Diego Noriega roza o triunfo para o Froiz no prestixioso Memorial Valenciaga
Por Redacción |
-
Xornada positiva para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Guillermo García lidera a xeneral das metas volantes na quinta proba da Copa España
Por Redacción |
-
Diego González repite como mellor espada do Froiz na Copa España ao ser 13º na Clásica de Primavera
Por Redacción |