Pablo Dapena sobe ao podio de Salou a menos dun mes para o mundial
Por Redacción
O Challenge Europa estreou a tempada este domingo co tríatlon de media distancia disputado en Salou. Nesta ocasión, un día asollado e sen vento foi o pano de fondo da competición, na que tomaron parte os pontevedreses Pablo Dapena e Saleta Castro. Ambos viaxaron á cidade catalá a menos dun mes de mundial de Pontevedra, que terá lugar entre o 27 de abril e o 4 de maio.
Por unha banda, Saleta, que rematou a proba cunha marca de 04:37:38, finalizou en décimo quinto lugar, por detrás de Aleksandra Jedrzejewska. Judith Corachán (04:16:58) foi a gañadora do grupo feminino, seguida por Daniela Bleymehl (04:18:38) e Emma Pallent (04:20:04), que completaron o podio.
Pablo Dapena gozou de máis sorte. Despois de conseguir saír da auga no grupo na cabeza xunto a Pieter Heemeryck e Mattia Ceccarelli, mantívose nas primeiras posicións tras o tramo en bicicleta. Finalmente, completando a carreira a pé en 01:13:19, subiu ao segundo chanzo do podio, tras chegar á liña de meta un minuto e 22 segundos por detrás de Heemeryck (03:46:40).
Relacionadas:
-
Pablo Dapena: "Tanto Javi, Saleta coma min sentímonos plenamente apoiados pola cidade"
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Todos a un tempo polo ITU Multisport Festival
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena estrea tempada con triunfo en Portugal
Por Diego Espiño |