O Sanxenxo pon fin á súa boa racha coa derrota ante o Marcón (0-1)
Por Redacción
Intenso derbi o que se viviu este domingo en Baltar entre o Xuventú Sanxenxo e o Marcón Atlético. O último conseguiu sumar tres importantes puntos a falta de seis xornadas para o final da tempada e, os do Salnés, pola súa banda, puxeron fin a unha boa serie de cinco partidos con bos resultados.
Despois dunha primeira parte máis ben igualada, tanto que finalizou sen goles, un segundo tempo dominado polo cadro visitante sentenciou aos anfitrións. O tanto non chegaría ata o minuto 63, momento no que Ivo puxo ao seu equipo por diante no marcador. Ante a falta de ideas do Sanxenxo, o encontro chegou ao 90' co 0-1.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Marcón Atlético.
Outro derbi, o que tivo lugar en San Pedro entre o Villalonga e o Beluso. Os locais atravesan o seu mellor momento esta tempada, no que levan sumados 32 puntos en dez xornadas (o que supón oito vitorias e dous empates en dez partidos). Con todo, os de Bueu encaixan, con esta, a súa terceira derrota consecutiva.
Nada puideron facer os de Rial ante o Villalonga na súa casa. Un gol na primeira parte de Javi Vila no 36' e outro de Iván Renda no 74' deixaron constancia da superioridade local durante os 90 minutos de xogo (2-0).
Consulta a acta do Villalonga-Beluso.
O Amanecer sumou, este sábado, a súa sexta derrota consecutiva ante o Moaña, que, pola súa banda, pelexa por meterse entre os equipos que xogarán a fase de ascenso (quinto, ás portas do máis alto da táboa). Con todo, os de San Vicente continúan perigosamente preto dos postos de descenso.
O resultado decidiuse xa na primeira parte do choque, moi intensa por parte de ambos os bandos. Comezaron moi forte os locais, que, a escasos dous minutos do inicio, xa marcaban o 1-0 por medio de Curri. Pouco despois, un penalti de Gullón permitía a estes aumentar a súa renda.
Roberto Carracelas sería o encargado de materializar o seguinte gol na portería de Jorge, establecendo o 3-0. Ante a perigosa desvantaxe, os visitantes non baixaron os brazos e, a falta de catro minutos para a chegada do descanso, conseguiron, grazas a un tiro a porta de Manuel Piñeiro, reducir distancias. Co 3-1 marcharían aos vestiarios.
Coa continuación chegou tambien o equilibrio. Tras unha primeira metade dominada polos anfitrións, a segunda definiuse pola falta de goles por parte de ambos os equipos, o que obrigou aos do Amanecer a regresar a casa, unha semana máis, sen nada no peto.
Consulta a acta do Moaña-Amanecer.
Goleada recibiuna esta fin de semana o Unión O Grove, en postos de descenso, en Monte da Vila por parte do Juventud Cambados, que se posiciona entre os equipos do máis alto da táboa, con posibilidades de xogar a fase de ascenso.
A pesar do resultado (1-4), a primeira parte do choque finalizou con empate a ceros, resultado do equilibrio no campo. Coa continuación foi outro cantar. No 49', Batallón estreou o marcador, cun gol ao que lle seguiu o 0-2 de Paco Reigosa. O terceiro chegou de man de Grego, no ecuador do segundo tempo. A falta de oito minutos para a conclusión, Rubén marcou o 0-4, ao que os locais responderon cun tanto de Antón Camiña no 86', pero xa demasiado tarde como para exporse reducir a renda.
Relacionadas:
-
O Marcón é derrotado por un rival directo, o Velle, e atrasa a súa permanencia (2-1)
Por Redacción |
-
O Marcón cae na recta final da tempada ante o colista de Preferente, o Antela (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Derbi igualadísimo entre o Grove e o Marcón en Monte da Vila (2-2)
Por Redacción |
-
Durísima derrota do Marcón ante o Moaña no Carrasco (0-5)
Por Redacción |
-
O pasamento dun dos afeccionados do SD Bande leva á suspensión do choque ante O Grove
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Marcón consegue un punto ante un dos equipos máis complicados, o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
Derrota do Marcón ante o líder, o Pontellas, por un gol en propia de Antonio Suárez (1-0)
Por Redacción |