A Illa das Esculturas acollerá unha carreira escolar solidaria
Por Diego Espiño
Incentivar hábitos de vida saudables a través do deporte e colaborar cunha boa causa. É o obxectivo da primeira Carreira Escolar Solidaria que organizará o vindeiro xoves 11 de abril o colexio Sagrado Corazón de Praceres na Illa das Esculturas.
A iniciativa, enmarcada dentro dos actos do centenario da entidade educativa, congregará ao redor de 1.200 nenos e nenas desde 3º de Primaria ata 2º da E.S.O. de oito centros, que se sumaron a unha xornada que servirá para recadar alimentos en favor do Banco de Alimentos de Pontevedra.
"Pedimos que cada neno, cada participante, traia ese día a lo menos 1 kilo de limentos non perecedoiros", sinalou na presentación da carreira Carlos Bará.
O evento deportivo dividirase en tres categorías, con saídas desde as 11:00 horas para os alumnos de 3º-4º de Primaria (800 metros), 5º-6º de Primaria (1.200 metros) e para 1º-2º da E.S.O. (1.900 metros).
Os colexios participantes, ademais do propio Sagrado Corazón de Praceres, son: San Narciso, Froebel, San José, Salvador Moreno, Manuel Vidal Portela, Calasancias e Sagrado Corazón de Jesús.