Churre, convencido de poder xogar o play-off: "Depende de nosotros"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol chega ao tramo final da tempada "con energía positiva positiva, con las pilas cargadas y con la ilusión de jugar un play-off".
Así define Víctor Vázquez 'Churre' o estado de ánimo do primeiro plantel granate, entre a que destaca o gran ambiente que se vive dentro do vestiario, onde "más que compañeros de equipo creo que somos amigos y eso se nota en el terreno de juego".
O central marinense foi designado como mellor xogador do mes de marzo, pero lonxe de logros individuais apela aos retos colectivos apuntando cara aos catro primeiros postos. Tanto é así que se mostra convencido de "no desaprovechar la ocasión" que se presenta: "Sabemos lo difícil que es, pero tenemos todo en nuestra mano y depende de nosotros", defende con optimismo.
Churre: "Más que compañeros de equipo creo que somos amigos y eso se nota"
Para continuar coa escalada e poñer o pé por primeira vez na tempada nos postos de fase de ascenso será necesario superar o vindeiro domingo (18:00 horas) a un Coruxo que "no va a ser nada fácil", prognostica, xa que leva 13 xornadas sen perder (9 empates) e "para mí es de los que mejor fútbol practican", asegura Churre.
Por iso o futbolista granate cre importante o apoio dunha afección que se enganchou tamén ao equipo. "Ya en Coruña se notó mucho", sinala, e agora en Vigo "si tenemos gente como creo que va a ir y nos va a apoyar desde el minuto 1 nos va a dar fuerzas y va a ser importante".
Será un duelo en todo caso no que o Pontevedra irá "sin miedo", avanza o defensor consciente do empuxón que supoñería quedar cos tres puntos que se poñerán en xogo no Vao.
ÁLEX GONZÁLEZ, PENDENTE DE EVOLUCIÓN
Na volta ao traballo este mércores do primeiro plantel pontevedrés, tras a habitual xornada de descanso dos martes, a atención estaba centrada no estado físico dun dos xogadores que resultou decisivo ante o San Sebastián de los Reyes, Álex González, e que terminou o duelo con molestias musculares tal e como quedou reflectido na acta arbitral.
O extremo traballou a menor ritmo que os seus compañeiros debido a unha "sobrecarga en el isquiotibial", confirmou Luismi, que en todo caso espera poder recuperalo para a fin de semana.
Relacionadas:
-
Un calendario que non ofrece respiro
Por Diego Espiño |
-
Suma e segue dun Pontevedra que gaña en Coruxo (0-1) e alcanza postos de play-off
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A cuarta vitoria consecutiva do Pontevedra pasa por Coruxo
Por Diego Espiño |
-
A xornada entre Pontevedra e Rápido de Bouzas, en Xoves Santo
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' organízase para subir en Coruxo
Por Redacción |
-
Tres puntos para soñar dun enorme Pontevedra ante o Sanse (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |