A pontevedresa Pilar Garnelo repite medalla de bronce no Trofeo Internacional Sant Jordi de esgrima
Por Redacción
A Escola Hungaresa de Pontevedra regresa do Trofeo Internacional Sant Jordi de Esgrima cun sorriso.
Por segundo ano consecutivo a súa tiradora Pilar Garnelo conseguiu a medalla de bronce na competición do Circuíto Europeo Infantil de Esgrima e puntuable para o ranking nacional de sabre de categoría M-14.
Tratábase dun torneo que contou coa participación de deportistas de numerosos países como Hungría, Francia, Xeorxia, Turquía, Eslovenia ou Reino Unido.
No cadro feminino representaron ao club pontevedrés a propia Pilar Garnelo, Leyre Grande e Claudia Casal. As dúas primeiras accederon tras a clasificatoria á rolda das 32 mellores, mentres que Casal tivo que pasar polo cadro de 64 tiradoras caendo no seu enfrontamento e finalizando no posto 34. En canto a Leyre Grande, venceu á francesa Celine Giraud na súa primeira eliminatoria por un axustado 15-13, pero perdeu despois ante a madrileña Lucía Jimeno, finalizando nunha meritoria 11ª praza.
Pola súa banda Pilar Garnelo seguiu avanzando roldas superando á húngara Sara Kovacs e á madrileña Iris Medina para meterse entra as catro melloras. Xa na semifinal, cedeu por 15 tocados a 11 fronte á madrileña Mar Fernández, tendo que conformarse co bronce.
Tamén viaxaron coa Escola Hungaresa André Martín, Samuel Ogando e Juan Ocampo para participar na competición masculina, na que superaron sen problemas a fase de grupos. Con todo André Martín cedeu na primeira eliminatoria contra o catalán Darío Olangüa e Juan Ocampo correu a mesma sorte ante o xeorxiano Tavartkiladze. Só Samuel Ogando pasou rolda, caendo no cadro de 32 tiradores ante o turco Aslan, segundo cabeza de serie do torneo.
Relacionadas:
-
Colección de medallas para a Escola Hungaresa no Criterium Nacional de Esgrima de Leganés
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa suma unha dobre medalla de bronce no Campionato de España Infantil de Esgrima
Por Redacción |
-
Dobre medalla para a Escola Hungaresa de Esgrima en Portugal
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa aposta pola esgrima a cegas
Por Redacción |
-
Resultados esperanzadores para a Escola Hungaresa no primeiro Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción |