As batallas de porteiros volven a Marcón
Por Redacción
O campo de fútbol do Carrasco acollerá o vindeiro xoves 18 de abril a II Batalla de Porteiros organizado por Arch Keeper coa colaboración do Marcón Atlético.
O evento contará na súa segunda edición coa participación de ata 45 gardametas de diferentes categorías, desde a benxamín ata a sénior.
Todos eles bateranse en duelo, por categorías, nunha xornada que pretende poñer en valor a figura dun posto tan específico dentro do fútbol.
Ademais dun premio por categoría, que consiste nun par de luvas da marca organizadora, está prevista a realización de sorteos de camisetas asinadas por porteiros profesionais como Sergio Asenjo, futbolistas do Vilarreal.
A competición dará comezo ás 9:00 horas da mañá.