Teresa Abelleira e Nieves Gamallo, entre as galardoadas nos Premios do Deporte Feminino Galego 2018
Por Redacción
Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) fallou o nome das deportistas, entidades e persoas galardoadas nos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018.
O principal recoñecemento, o de mellor deportista galega, é para a atleta ribeirense Ana Peleteiro, recente campioa europea absoluta na modalidade de triplo salto e medallista o pasado ano a nivel internacional.
Pontevedra, ademais do apoio da Deputación e do feito de que a gala de premiación celebrarase o vindeiro venres 3 de maio (20:00 horas) no Auditorio Municipal de Vilagarcía, tamén contará con representación entre as premiadas.
Así a futbolista pontevedresa Teresa Abelleira, campioa continental coa Selección Española Sub-19, será recoñecida como mellor deportista promesa xunto á súa compañeira Malena Mieres, mentres que Nieves Gamallo, unha das pioneiras do balonmán feminino en Pontevedra, Galicia e España, recibirá un merecido recoñecemento á súa traxectoria.
A lista completa de premiadas é:
- Mellor deportista: Ana Peleteiro (atletismo).
- Mellor deportista deportista con diversidade funcional: Susana Rodríguez Gacio (tríatlon).
- Mellor deportista promesa: Teresa Abelleira e Malena Mieres (fútbol).
- Mellor adestradora: Carla Abad (balonmán).
- Mellor Equipo: Atlético Guardés (balonmán).
- Premio á traxectoria: Nieves Gamallo (balonmán).
- Mellor árbitra ou xuíza: Zulema González (fútbol).
- Directiva máis comprometida: Burela FS (fútbol-sala).
- Mellor Club: Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon).
- Medio de comunicación amigo do deporte feminino: Faro de Vigo e Diario de Pontevedra.
- Institución pública amiga do deporte feminino: Deputación de Pontevedra.
- Entidade colaboradora: Rodosa.
- Mellor iniciativa en favor do deporte feminino: Escola de Fútbol Feminino Rosalía.
- Mención especial: Judith Rodríguez (esgrima).
- Mención honorífica in memoriam: Manuel González Soto e Micaela Sinde.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estará na fase final do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra ou a ximnasta Melania Rodríguez, entre os galardoados na Gala do Deporte Feminino
Por Redacción |