O Club Naval de Pontevedra e As Torres triunfan no Galego de Inverno de Barra de Miño
Por Redacción
Mais de 400 deportistas, pertencentes a 35 equipos do panorama autonómico reuníronse esta fin de semana en Barra de Miño (Ourense) para disputar o Campionato Galego de Inverno de barcos de equipo (K2 e C2). Os participantes tiveron que percorrer unha distancia de 5.000 metros.
Non houbo sorpresas no referente ás clasificacións xerais por equipos das distintas categorías. O primeiro posto sénior masculino foi para o Club Naval de Pontevedra, seguido polo Piragüismo Vilaboa e o Olívico. No grupo feminino, foron o As Torres, seguido polo Mar Ría de Aldán e o Rías Baixas os clubs vencedores.
Máis en detalle, o EP Ciudad de Pontevedra fíxose co primeiro premio en categoría xuvenil masculino, grazas á parella formada por Martín Jácome e Diego Piñeiro, completando o podio o Rías Baixas e o Náutico Pontecesures. Igualmente, no grupo de mulleres, as do EP Ciudad de Pontevedra conseguiron o ouro, por diante da Náutico Ría de Betanzos e Piragüismo Verducido.
Os veteranos masculinos do Club de Mar Ría de Aldán alzáronse co triunfo, seguidos polo EP Ciudad de Pontevedra e o Fluvial de Lugo. Doutra banda, as mulleres do Olívico foron superiores, finalizando por diante do Mar Ría de Aldán e das do Fluvial Avión.
Como cabía esperar, os favoritos ao podio nas distintas categorías cumpriron cos prognósticos. A embarcación de Iván Alonso e Jaime Sobrado, do Pirgüismo Olívico foron os primeiros en cruzar a liña de meta en kaiak sénior. Fixérono antes de Breixo Buján e Diego Castro, do Vilaboa, e da parella do Naval Pontevedra: Breogán Monteagudo e Roberto Abal, que finalizaron en terceira posición. Pola súa banda, Tania Fernández e Carmen Villar, do Club Kaiak Tudense, conseguiron o ouro. A prata e o bronce foron para Lorena Jubón e Fátima Ordóñez, de As Torres, e as irmás Araceli e Carmela Menduíña, do Ría de Aldán, respectivamente.
Por outra banda, en modalidade canoa, Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove, alzáronse vencedores en home sénior C2, mentres Fernando Busto e Diego Miguéns, de As Torres, e Jaime Duro e Álvaro López, do Ciudad de Pontevedra, chegaron no segundo e terceiro posto, respectivamente. En sénior feminina, as padeeiras das Torres, Lorena Jubón e Fátima, conseguiron subirse ao podio coa prata.
Jenifer Casal e Nerea Rodiño, do EP Ciudad de Pontevedra son agora as campioas galegas en C2 sénior, seguidas pola embarcación do Rías Baixas de Arancha Rodríguez e Verónica Ferreirós.
Tambiém cumpríronse en categoría veterano A, onde Bernardo Sánchez e Ulises Diéguez, do Fluvial de Lugo, alzáronse campións, mentres que no grupo feminino fixérono María e Paula Rodríguez. No B da mesma categoría, finalizaron primeiros Netfalí Paraxe e Adolfo Monteagudo e, Gustavo López e Enrique Míguez.
Relacionadas:
-
Os clubs pontevedreses, protagonistas no primeiro Campionato Galego de piragüismo de fondo
Por Redacción |
-
O Ría de Aldán comeza a tempada co título de campeón de Galicia de Piragüismo
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca en Trasona a clasificación para o Europeo
Por Redacción |
-
Catro medallas pontevedresas no Campionato de España de Novas Promesas
Por Almu Dapena |