Puntos de experiencia para a canteira do Waterpolo Pontevedra nos campionatos de España
Por Redacción
A canteira do Club Waterpolo Pontevedra estivo ben representada nos campionatos de España de seleccións territoriais de categoría infantil.
Tanto na categoría feminina como a masculina os e as xogadoras da entidade pontevedresa sumaron unha valiosa experiencia ademais de conseguir resultados destacados.
A apuntar é a actuación de Izaskun Tellería, que finalizou como máxima goleadora do Campionato de España Infantil con 23 goles. Ela, xunto ás súas compañeiras Iria Amoedo, Paula Millán e Nota Tacón, ademais do resto do combinado autonómico, lograron unha meritoria sexta posición no torneo.
Na fase de grupos quedaron terceiras con dúas vitorias (7-9 a Portugal e 5-4 a Aragón), e dúas derrotas (7-4 ante Comunidade Valenciana -que conseguiría a medalla de bronce- e 5-13 fronte a Madrid -subcampioa de España-), sumando unha vitoria ante 1-11 a Baleares e acabando cunha derrota 8-6 fronte a Andalucía na final polos postos 5º-6º.
Pola súa banda na categoría masculina representaron o Waterpolo Pontevedra Iker Arambarri, Martín Souto e Pablo Vieites. Os mozos gañaron dous partidos fronte a Castela León e ante A Rioxa, ambos por 10-0, mentres que perderon 3 partidos: fronte a Portugal 3-11 e outros dous axustados fronte a Ceuta (6-8) e Murcia (9-8), finalizando no posto 13.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra alza a Copa Galega e consegue o seu segundo dobrete consecutivo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra gaña a primeira batalla polo título galego
Por Redacción |
-
Dous xogadores do Waterpolo Pontevedra, de 'máster' co CN Sabadell
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra vence na Coruña e plántase na final da Liga Galega
Por Redacción |