Xornada redonda para un Céltiga que casi abandona a zona de perigo gañando ao Somozas (2-0)
Por Redacción
O Céltiga CF tivo este xoves todo do seu lado. Por unha banda, recibiu ao UD Somozas e gañou con autoridade no Salvador Otero. Por outra, o Ribadumia, rival directo na táboa, perdeu ante o Alondras no seu campo. Así, os arousáns conseguen, despois de dúas derrotas consecutivas, despegarse un pouco da zona de perigo a falta de cinco xornadas para o final da tempada, facendo máis esperanzadora a pelexa pola permanencia.
O cadro local dominou practicamente todo o partido. Cando se aproximaba o ecuador da primeira metade, Marcos Bermúdez inauguraba o marcador cun gol de penalti (1-0). Ante a falta de ideas dos visitantes para igualar o encontro, marcharon ao descanso coa vantaxe dos de casa.
Coa reanudación, continuou todo de fronte para os anfitrións, que, despois de cultivar varias ocasións de gol ante a portería de Manu Cedrón, lograron anotar, no último minuto de partido, o 2-0 por medio de Diego Lamas.
A próxima semana, os de Javi Rey viaxarán para enfrontarse ao Ourense CF, que exerceu un duro correctivo sobre os arousáns o pasado mes de decembro no Salvador Otero (0-8).
Relacionadas:
-
O Pontevedra B encaixa, ante o Céltiga, a súa segunda derrota do curso en Preferente (2-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Partido de necesidade que remata con final feliz para o Ribadumia a costa do Céltiga (3-2)
Por Redacción |
-
Dous goles de Sylla na Lomba dan a vitoria ao Arosa ante o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia continúa ancorado á zona de perigo tras a derrota ante o Ourense CF (0-1)
Por Redacción |