Semana Santa de fútbol base no Estadio de San Pedro
Por Redacción & Diego Torrado
O Estadio Municipal de San Pedro encheuse durante estas xornadas festivas de deporte base coa novena edición do Torneo de Semana Santa organizado polo Marín Club de Fútbol.
A competición de fútbol-8 reuniu a diferentes equipos da comarca nas categorías benxamín e alevín.
O torneo comezou o Xoves Santo cos benxamíns, categoría na que tomaron parte ademais do club anfitrión, o Marín CF, o Ancorad'Ouro, FC Cruceiro, Cultural Beluso, Domaio FC e AJ Lérez.
Pola súa banda o venres era a quenda da idade alevín con participación do Marín CF, Arosa SC, FC Cruceiro, Escola Naval, EF Moañesa e EF Val Miñor.