O Club Ciclismo Triatlón Poio, preparado para o desafío mundialista
Por Redacción
Competir nun campionato do Mundo á beira de casa é algo que non sucede todos os días, e o Club Ciclismo Tríatlon Poio non só vai aproveitalo senón que se presenta á cita con toda a ilusión posible.
A entidade deportiva presentou este luns no Concello de Poio aos deportistas que lle representarán no ITU Multisport Festival que comeza en Pontevedra o vindeiro sábado 27 de abril.
Un total de 17 atletas do Tríatlon Poio tomarán parte nos mundiais, nas categorías de grupos de idade.
Entre os favoritos para ocupar postos de honra nas súas categorías preséntanse Aida García, actual campioa galega, Jorge Janeiro e Carlos Iglesias, na modalidade de dúatlon que se disputará precisamente a primeira fin de semana dos mundiais.
Esta tempada o Club Ciclismo Tríatlon Poio participou en diversas probas de nivel nacional, conseguindo o ascenso a Terceira División Nacional de dúatlon.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Aída García, o mellor deste "vento de galerna" está por vir
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
Poio aspira a organizar o Campionato de España de Dúatlon do 2021
Por Redacción |
-
Deportistas de 54 países participarán en Pontevedra no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |