Antía Pérez recibe a alta médica seis meses despois da súa lesión nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
Boas noticias para o Poio Pescamar. Máis de seis meses despois de caer gravemente lesionada, Antía Pérez recibiu este martes a alta médica.
A xove futbolista vermella, que chegou ao club o pasado verán procedente do Ourense Envialia chamada a ter protagonismo dentro do equipo, caeu lesionada no partido polo bronce dos Xogos Olímpicos da Mocidade celebrados en outubro en Arxentina. España gañou aquel encontro, pero Antía sufriu unha importante lesión no seu xeonllo esquerdo, coa rotura do ligamento cruzado anterior, que lle obrigou a perderse gran parte da súa primeira tempada en Poio.
A principios de novembro a pívot internacional foi intervida con éxito na Clínica Cemtro de Madrid polo Doutor Guillén, baixo a supervisión da Real Federación Española de Fútbol, e desde entón traballou na sombra descontando os días para regresar ás canchas de xogo.
"Fueron meses duros, de mucho esfuerzo, de mucho trabajo y de mucha mente fría", recoñeceu a través das redes sociais a xogadora do Poio Pescamar, recoñecendo que "vuelvo a ver la luz al final del túnel".
Fueron meses duros, de mucho esfuerzo, de mucho trabajo y de mucha mente fría; hoy día 23 de Abril vuelvo a ver la luz al final del túnel.
— Antía Pérez García (@antipg8) 23 de abril de 2019
¡No puedo estar más feliz!
¡TENGO EL ALTA!@PoioPescamarfs pic.twitter.com/g3KWpcJt8c
Aínda que a súa volta ás pistas non será aínda inmediato, a alta médica é o primeiro e necesario paso para o seu regreso á competición.
Relacionadas:
-
Confirman a Antía Pérez que rompeu o ligamento cruzado: "Es un palo muy grande, peor que el año pasado"
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar dá a baixa á brasileira Lidiane Carvalho
Por Redacción |
-
Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Un bronce moi caro. O Poio Pescamar perde a Antía que sofre rotura do cruzado do xeonllo esquerdo
Por Redacción |