O Galaico, na defensa do seu título autonómico
Por Redacción
Pontevedra será un fervedoiro de actividade deportiva o vindeiro sábado 27 de abril. Ao ITU Multisport Festival de tríatlon ou ás competicións habituais como a Liga Asobal de balonmán súmase tamén a natación.
A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños será escenario da fase final da Liga Galega de Clubs de División de Honra.
O Club Natación Galaico, como primeiro clasificado da fase preliminar, gañou o dereito para organizar a xornada, na que tentará reter a súa coroa de mellor club galego.
A competición celebrarase en dobre xornada, de mañá e tarde, desde as 10:30 e as 17:00 horas respectivamente.
No que respecta ao club pontevedrés, estará representado por 27 nadadores e nadadoras, sete deles reservas, que tentarán conseguir a primeira posición ante o CN Liceo e Club do Mar, os outros dous aspirantes ao título. Pola súa banda Pabellón Ourense, CN Ferrol e CN Coruña pelexarán pola permanencia na máxima categoría.
Relacionadas:
-
Quinto título consecutivo do Natación Galaico na División de Honra galega
Por Redacción |
-
O Natación Galaico consegue o terceiro posto no Trofeo de Avilés
Por Redacción |
-
O Galaico roza as medallas con Bea Gómez e María Vilas no Campionato de España Open
Por Redacción |
-
O Portamiña lugués, vencedor do Trofeo Promesas do Lérez de natación
Por Redacción |
-
Alicia Bouzas defende o pavillón do Galaico no Campionato de España Infantil de inverno
Por Redacción |