O Pontevedra viaxa a Canarias sen Adrián León a enfrontarse ás súas meigas
Por Diego Espiño
Para estar no play- off de ascenso á Segunda División o Pontevedra Club de Fútbol debe vencer este domingo (12:00 horas, TVG2) ás súas particulares meigas. De novo a herba sintética que tan mal se lle deu esta tempada (4 puntos de 21 posibles) crúzase no camiño dos granates.
Espera o Las Palmas Atlético, un filial que pelexa pola salvación na categoría (ocupa praza de play-out na actualidade).
"No va a ser como Adarve, es sintético pero está mejor, es más grande y se va a poder jugar, y el rival no tiene nada que ver, es un filial e intenta combinar bastante", sinala Luismi sobre o que espera do encontro nas Illas Canarias ante un rival que "como todo filial tiene jugadores de mucha calidad".
O técnico asegura que "sabemos lo que nos jugamos", e que os seus xogadores estarán preparados para un reto que levan na súa mente desde a derrota en terras madrileñas e que esperan lles devolva aos catro primeiros postos.
Para iso o preparador pontevedrés contará nesta ocasión con importantes baixas. Ademais de Kevin Presa por lesión e Churre por sanción, tampouco viaxa Adrián León, que se resentiu das súas molestias musculares e caeu da convocatoria.
Desta forma, a lista de 18 da que sae Jesús Barbeito por decisión técnica compóñena: Edu, Ualoloca, Nacho López, Nacho Lorenzo, Campillo, David Castro, Juan, Álex Fernández, Berrocal, Borja Domínguez, Romay, Álex González, Pedro Vázquez, Álvaro Bustos, Pibe, Javi Pazos, Arruabarrena e o dianteiro do filial Rivera.
Precisamente a substitución dos dous centrais titulares nas últimas xornadas, Churre e Adrián, supón a gran dúbida do once inicial, aínda que todo apunta á titularidade de Campillo xunto a David Castro no centro da zaga, variando a súa posición habitual.
O colexiado do encontro será o aragonés Alberto Lou Ballano.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Atlético de Madrid B enfróntanse nunha auténtica final polo play-off
Por Ramiro Espiño |
-
'Déjà vu' do Pontevedra cunha derrota nas Palmas que complica a fase de ascenso (2-1)
Por Diego Espiño |
-
A presenza de Adrián León ante o Las Palmas Atlético, "en el aire"
Por Diego Espiño |
-
Horario unificado para as dúas últimas xornadas de liga na Segunda B e Terceira División
Por Redacción |
-
Sen Churre nin Kevin para viaxar a Gran Canaria
Por Redacción |
-
Un irrecoñecible Pontevedra cae da zona de play-off ao perder ante o Unión Adarve (3-0)
Por Diego Espiño |