O Cisne cae ante o Bordils e alónxase do play-off (19-18)
Por Sofía Lorenzo
O Cisne perdeu esta fin de semana ante o Bordils, en Girona, por un tanto. Aínda que dous puntos eran os que o separaba do Zamora (rival directo por meterse nos postos de fase de ascenso), tras este resultado e á espera do dos castelán mañá ante o Agostiños, antolla xa moi complicado o logralo.
Seis minutos tardou o adestrador do conxunto catalán en solicitar tempo morto (2-6). Dúas paradas consecutivas de Jorge Villamarín, guardameta cisneísta, e un alto acerto de cara a portería, sobre todo, por parte de Álex Chan (5 tantos) deron unha importante vantaxe ao equipo pontevedrés nos primeiros compases do choque. Con todo, ese pequeno parón, onde, seguramente, o técnico local lembroulles aos seus a importancia de puntuar esta xornada, serviu para darlles aire e romper a mala dinámica coa que comezaron (7-8 no 17').
Con todo, e a pesar de que Villamarín, de novo, convertíase nunha barreira practicamente infranqueable, a efectividade en ataque dos de Jabato diminuíu considerablemente. Durante 15 minutos foron incapaces de anotar ningún tanto. Isto, sumado a varias perdas de balón consecutivas, facía que se igualase o encontro no 25' (9-9). Resultado que se mantería inamovible ata a chegada do tempo de descanso.
A igualdade manteríase no electrónico á volta do mesmo. Durante 15 minutos, ningún conseguiu despegarse. Ambos os conxuntos adiantábanse continuamente o un ao outro, deixando un final completamente aberto, onde calquera dos dous podía levar o gato á auga. Iso, ou repartición de puntos (como no partido de ida).
No último minuto, o equipo arbitral adquiriu un protagonismo que raramente favorece aos que xogan fóra de casa. Dúas accións moi polémicas: Unha falta a Ramos non sancionada e unha moi discutible exclusión a Pablo Gayoso, cando tan só faltaban 40 segundos para o asubío final, frustraron definitivamente as posibilidades dos galegos (19-18).
Finalmente, derrota para o Cisne, que, aínda que xa non supón nada no referente á permanencia en DHP, dificulta excesivamente as posibilidades de que poida meterse nos postos de play-off.
Consulta a acta do Bordils-Cisne.
Relacionadas:
-
Final descafeinado do Cisne ante o Nava (32-24)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vitoria merecida pero insuficiente do Cisne ante o Zamora (27-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Vitoria moi traballada do Cisne ante o Palma del Río (29-26)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Cisne loita ata o final pero cae no último minuto ante o Villa de Aranda (30-26)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne gaña ao Antequera e asegura a súa permanencia en División de Honra Prata (22-21)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |