Xogadores sub12 e sub14 do Pontevedra Rugby Club, de convivencia en Belfast
Por Redacción
Ata Belfast, un dos berces do rugby europeo, viaxaron esta fin de semana un grupo de 24 xogadores sub12 e sub14 do Pontevedra Rugby Club.
Acompañados polos seus adestradores e as súas familias, todos eles gozaron dunha enriquecedora experiencia, tanto desde o punto de vista deportivo como educativo.
Os xogadores pontevedreses, ademais dunha xornada de convivencia convidados polo Seahorses Instonians RFC, participaron no torneo internacional 4 Nations de rugby, celebrado na capital de Irlanda do Norte.
A fin de semana completouse coa súa asistencia ao partido do rugby que disputaron os equipos irlandeses do Ulster e o Connacht.
Relacionadas:
-
Estrea dispar para os equipos pontevedreses na renovada Liga Galega de rugby
Por Redacción |
-
A canteira do Pontevedra Rugby Club déixase notar no Campionato de España de Autonomías
Por Redacción |
-
Rugby e educación, da man na Xunqueira
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra Rugby Club certifica a permanencia na LGR1
Por Redacción |