Tímida estrea de tempada da Gimnástica nas ligas de División de Honra e Primeira División
Por Redacción
Discreta primeira xornada de competición para a Sociedad Gimnástica nas ligas nacionais de División de Honra e Primeira División.
As pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva foron escenario dunha das xornadas da Primeira División, en categoría feminina, cun terceiro posto do club local.
A clasificación deste enfrontamento encabezouna o Universidad León Sprint con 188 puntos, seguido de preto polo Atletismo Feminino Celta que quedaron segundas con 185 puntos. A Gimnástica foi terceira pola súa banda con 161,5 puntos e pechou a táboa o Image FDR con 147,5 puntos.
As pontevedresas conseguiron tres triunfos parciais grazas ás actuacións de Eva Arias en 3.000 obstáculos, Andrea González na xavelina e a remuda 4x100 formada por Pamela Vidal, Cristina Garrido, Eva Salvado e Xiana González.
CUARTO POSTO DO EQUIPO MASCULINO
O debut en liga do equipo masculino da Gimnástica produciuse en Soria, e cun resultado preocupante para a entidade pontevedresa ao ser cuarta pechando a clasificación do seu grupo con 157,5 puntos.
O vencedor neste caso foi a Real Sociedad con 194,5 puntos seguido do Scorpio (172 puntos) e o Atletismo Numantino (163 puntos).
Os mellores resultados conseguíronos Iñaki Canal nos 200 metros e Ignacio Sarmiento nos 400 valos ao facerse co ouro. Francisco López (110 valos), Alfonso Palomanes (triplo salto), Víctor Gallego (peso), Sergio Paredes (martelo) e Daniel Chamosa (5.000 marcha) foron segundos, mentres que conseguiron senllos terceiros postos Raúl Cortizo (altura), Jaime Canas (5.000 marcha) e a remuda 4x400 formada por Eduardo Gallardo, Roberto Tello, Hassan Izzedine e Ignacio Sarmiento.
A próxima xornada de liga disputarase o sábado 1 de xuño cunha sede e competición aínda por decidir.
Relacionadas:
-
Obxectivo cumprido: A Gimnástica sela a permanencia na División de Honra masculina e Primeira feminina
Por Redacción |
-
A Gimnástica xógase a permanencia en División de Honra e Primeira
Por Redacción |
-
A Gimnástica logra o terceiro posto en Valencia e dá un paso cara á permanencia en División de Honra
Por Redacción |
-
Valencia e Durango, paradas para a Gimnástica na segunda xornada das ligas nacionais de atletismo
Por Redacción |
-
A Gimnástica repártese entre Pontevedra e Soria no inicio da Liga Nacional de atletismo
Por Redacción |
-
Medalla de bronce 'en diferido' para a remuda da Gimnástica no Campionato de España absoluto
Por Redacción |
-
A Gimnástica, campión de Galicia de clubs en categoría masculina
Por Redacción |