O Torneo Júnior ITF de Sanxenxo logra o salto á máxima categoría internacional
Por Redacción
Despois de moitos anos de traballo o Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo logrou unha lombeirada que o situará ao máximo nivel.
O campionato tenístico organizado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, o máis antigo de España nesta categoría, será a partir de 2020 de Grao 1, subindo de nivel ata o máximo previsto pola Federación Internacional.
Desta forma o Torneo Internacional recibirá aos mellores xogadores da categoría júnior a nivel mundial, a antesala ao circuíto profesional.
"Sanxenxo é definitivamente a capital do tenis mundial junior, somos o único club de Europa que ten un torneo na máxima categoría sub-18 e sub-16. Empezamos polo grao máis baixo que era o 5 e despois de 18 anos logramos celebrar a maioría de idade do torneo alcanzando o tan ansiado grao 1", celebrou o presidente do CCD Sanxenxo, Paco Hernández, tras recibir a confirmación da boa nova por parte da Real Federación Española de Tenis.
Na actualidade existen 26 torneos ITF Júnior de Grao 1 repartidos por todo o planeta, sendo a máxima categoría posible fóra dos 4 Grand Slam (Open de Australia, Roland Garros, Wimbledon e US Open).
Relacionadas:
-
A Federación Internacional de Tenis premia o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo
Por Redacción |
-
A croata Tara Wurth e o danés Elmer Moller, vencedores do Torneo Internacional Júnior de tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas avanza con paso firme no Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Satisfacción no CCD Sanxenxo tras o seu primeiro Torneo Internacional ITF Sénior
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional Cadete de Tenis de Sanxenxo ascende á máxima categoría
Por Redacción |
-
Daniela Vismane fai pleno en Sanxenxo no peche do Torneo Internacional Junior ITF
Por Redacción |