O sector do Campionato de España Cadete, todo "un premio" para o Cisne
Por Redacción
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será escenario a próxima fin de semana, desde o venres 17 ata o domingo 19 de maio, dun reto maiúsculo para o Club Cisne Balonmán cun dos sectores do Campionato de España Cadete.
O club pontevedrés tentará repetir o éxito conseguido hai un ano, cando se clasificou para a fase final do Nacional entre os 8 mellores equipos do país, pero para iso deberá superar "un sector muy duro, con equipos de mucho nivel".
Así cualifica o adestrador do Cisne cadete, Óscar Arosa, a competición que espera, aínda que convencido das posibilidades de "una generación muy buena" de deportistas pontevedreses.
Só conseguirá o billete para a fase final o primeiro clasificado dun grupo de 4 no que tamén se atopan o Atlético Valladolid, Gijón Jovellanos e Unión BM Pacense.
A competición iniciarase para o Cisne o día 17 de maio co enfrontamento ante o Pacense (20:00 horas), sendo ás 18:00 horas o encontro entre os dous aspirantes, e seguirá o sábado co Valladolid-Pacense (10:00 horas) e Cisne-Gijón Jovellanos (12:00) para terminar o domingo coa xornada decisiva entre Pacense e Gijón (10:00) e Cisne contra o Atlético Valladolid (12:00 horas).
Organizar o sector do Nacional e poder competir ao máximo nivel en casa supón para o club cineísta "un premio" ao traballo de toda a tempada, recoñeceu o seu presidente Santiago Picallo na presentación do evento xunto á concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
Relacionadas:
-
Conceden ao Cisne a organización da fase final do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
A vitoria ante o Valladolid clasifica o Cisne cadete para a fase final do Campionato de España
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne, anfitrión dun dos sectores do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
Os equipos cadete e alevín do Cisne, campións do Torneo de Gaia
Por Redacción |
-
Os xuvenís do Cisne quedan ás portas da fase final do Nacional ao perder ante o SAFA
Por Sofía Lorenzo |
-
Recepción con honras á canteira do Club Cisne Balonmán
Por Redacción |