Aguete recibe á frota galega da clase láser de vela
Por Redacción
As augas da ría de Pontevedra vivirán unha ponte dos máis competitivo coa celebración entre o venres 17 e o domingo 19 de maio do Campionato Galego Trofeo Concello de Marín de vela na clase láser.
A organización do evento recae no Real Club de Mar Aguete.
En xogo estarán os título autonómicos nas modalidades Standard, Radial e 4.7, cunha participación prevista de medio cento de regatistas.
As probas, un máximo de nove para cada clase, terán lugar fronte ao club este venres a partir das 14:00 horas, mentres que o sábado e domingo será as 11:00 horas, con entrega de premios o propio domingo no club organizador ás 16:30 horas.
Só falta que o vento acompañe para vivir un agradable espectáculo, e as previsións respecto diso son boas, segundo sinalaron desde a organización.