Real Madrid Castilla, último trámite ligueiro para o Pontevedra
Por Redacción
Descafeinada última xornada de liga para o Pontevedra Club de Fútbol, que xa sen nada de valor en xogo máis aló da honra deportiva visita este domingo (18:00) o Real Madrid Castilla na cidade deportiva de Valdebebas.
Será o último trámite para os granates antes de marcharse de vacacións, aínda que aínda lles agardan uns par adestramentos tras o choque. Iso si, tómano "con la idea de competir, de intentar ganar el partido", sinala Luismi.
O técnico defende que "queremos ganar e irnos de vacaciones con las mejores sensaciones", e iso pasa por vencer a un rival que ata hai unha semana era directo e que si que pelexará polo ascenso de categoría.
Segundo o preparador pontevedrés os seus non se deixarán ir, xa que "defendemos un escudo, una camiseta y detrás hay una afición que hay que respetar".
O Pontevedra afronta a xornada definitiva sen baixas por lesión ou sanción, un partido que será arbitrado polo estremeño Manuel García Gómez.
Relacionadas:
-
Triunfo de prestixio do Pontevedra sobre o Real Madrid Castilla para pechar a liga (0-1)
Por Ramiro Espiño |
-
A negociación para a continuidade de Luismi, aparcada ata o final da liga
Por Diego Espiño |
-
O fortín de Pasarón cedeu... tras 22 partidos invicto
Por Diego Espiño |
-
Graves erros defensivos lastran o Pontevedra ante o Atlético de Madrid B enterrando as súas opcións (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |