O Marcón encara a última xornada cun punto máis tras o empate ante o Alertanavia
Por Redacción
O Marcón Atlético recibiu, esta fin de semana, no penúltimo partido de liga, ao CP Alertanavia, que, dependía dunha vitoria neste partido para abandonar os postos de descenso e salvar, así, a categoría. A pesar diso, logrou sumar un punto tras un choque sen goles no Carrasco.
Pouco hai que dicir do envite entre pontevedreses e vigueses, máis que ningún dos dous equipos foi quen de arriscar ante a portería rival, o que terminou por igualar o encontro ao máximo, impedindo que se adiantasen no marcador.
Un gol de Jesús Parcero e outro de Javi Vila, ambos na segunda metade do choque, deron a vitoria ao Vilalonga FC ante o Barbadás en San Pedro. Os segundos, a pesar da derrota conseguen manterse nos postos de ascenso (terceiros), mentres que os pontevedreses asegúranse a categoría e soben á oitava praza a falta dun partido para o fin da tempada.
Consulta a acta do Villalonga FC-UD Barbadás.
Pola súa banda, o Sanxenxo non foi quen de superar ao CD Estradense. Despois dunha boa serie dos do Salnés, na que conseguiron ascender ata a novena praza, encaixan unha derrota a falta dun só partido para o final. Os do Estradense, afiánzanse, así, na segunda posición.
Foron dous goles os que lograron anotar os do Sanxenxo, ambos na primeira metade e en menos de dez minutos. O primeiro de Charles, no 39', seguido polo empate un minuto despois, e o segundo de Adri Freire no 44' (1-2). Despois do descanso, ante o dominio local, nada puideron facer os visitantes, que encaixaron tres goles máis para terminar co definitivo (4-2).
Consulta a acta do CD Estradense-Xuventú Sanxenxo.
O USD do Grove, ancorado ás últimas posicións durante practicamente toda a tempada, enfrontouse, esta fin de semana, ao líder da categoría: o CP Pontellas. Nada cambiou con este choque: o primeiro continúa primeiro e os pontevedreses encaixan o descenso despois da contundente derrota en San Campio.
Tan só un gol anotaron os visitantes. Foi na segunda parte, grazas a Camiña (2-1 no 71'). Con todo, non quedaría aí, xa que os do Pontellas meterían aínda dous tantos máis por medio de Luís Pozo (4-1).
Consulta a acta do CP Pontellas-USD de O Grove.
O Beluso caeu ante o CD Velle en As Laxes, poñendo fin a unha boa serie de tres xornadas puntuando. Os visitantes, pola súa banda, a pesar de que non están dentro dos postos de descenso, necesitaban os tres puntos para asegurar a categoría a falta do último partido (décimo quinto).
Os do Velle gañaron cun contundente 1-3. En cambio, os locais foron os primeiros en marcar, por medio de Julio Lorenzo no 18'. Pero non duraría moito, xa que un penalti de Chaudarcas igualaría o envite antes do descanso (1-1). Coa continuación, os de Rivo dominaron o xogo e levaron o gato á auga á conta dos pontevedreses.
Consulta a acta do CD Beluso-CD Velle.
O Amanecer continúa en postos de descenso. Dependía dos tres puntos deste domingo, que, con todo, quedoullos o UD Atios. Este último gañou con total autoridade en Lampáns, conseguindo afianzarse entre as catro primeiras prazas de Preferente.
Jorge Míser foi o autor do único gol dos locais. Non chegou ata a segunda parte, despois de que os vigueses marcasen catro ao longo da primeira metade e no 49' (1-4).
Pouco poden facer xa os do Amanecer a falta dun partido para o final da tempada.
Consulta a acta do SD Amanecer-UD Atios.
Pouco se xogaba esta fin de semana o Cultural Areas, que xa ten a categoría asegurada e posiciónase na parte media da táboa. Con todo, o Cambados si tiña, xa que opta a meterse en postos de ascenso se consegue avantaxar ao CD Moaña. Con todo, mantense sexto ao empatar este domingo en Burgáns.
Estivo totalmente igualado o envite. Tanto, que o resultado final estableceuse en pouco máis de dez minutos da primeira parte. O primeiro de Grego no 19', seguido polo penalti de Jorge Fernández. A partir dese momento, tanto durante os minutos antes do descanso, como na segunda parte, o equilibrio foi máximo, o que dificultou que se desfixesen as táboas.
Relacionadas:
-
O Marcón, descendido a expensas dun milagroso rebote para salvar a categoría
Por Ramiro Espiño |
-
O Marcón é derrotado por un rival directo, o Velle, e atrasa a súa permanencia (2-1)
Por Redacción |
-
O Marcón cae na recta final da tempada ante o colista de Preferente, o Antela (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Derbi igualadísimo entre o Grove e o Marcón en Monte da Vila (2-2)
Por Redacción |