O Mundial Júnior de Balonmán de Vigo e Pontevedra desvela o seu cadro de competición
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Campionato do Mundo Júnior de Balonmán 2019, que se disputará entre o 16 e o 28 de xullo nas cidades de Pontevedra e Vigo, definiu este martes o seu cadro de competición nun sorteo celebrado no Pazo Provincial da Deputación.
Serán un total de 24 seleccións nacionais as que pelexarán nas Rías Baixas polo título Mundial, nun campionato que regresa a Pontevedra tras a exitosa edición do ano 1989 na que España conseguiu a medalla de prata sendo superada na final pola URSS.
Pontevedra e Vigo repartirán os catro grupos da fase inicial do torneo, que quedaron emparellados da seguinte maneira:
- GRUPO A: España, Eslovenia, Serbia, Tunes, Xapón, USA.
- GRUPO B: Francia, Exipto, Suecia, Nixeria, Korea, Austrialia.
- GRUPO C: Portugal, Croacia, Hungría, Brasil, Barhein e Kósovo.
- GRUPO D: Alemaña, Islandia, Noruega, Arxentina, Dinamarca, Chile.
SEMIFINAIS EN PONTEVEDRA E FINAL EN VIGO
A falta de que se faga oficial, o acordo pechado entre as dúas cidades organizadoras establece que o pavillón vigués das Travesas será o que acolla a gran final, mentres que o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será a sede das dúas semifinais.
Ademais, o Grupo A de a fase inicial no que se atopa España xogarase en Vigo, mentres que Pontevedra elixirá dous dos outros grupos, que será previsiblemente polo nivel competitivo o C e o D, ademais de pola presenza de Portugal pola súa proximidade ou de nacións con grandes comunidades afincadas en España, como Arxentina e Brasil.
Despois, no que respecta a as eliminatorias, Pontevedra sería escenario dos posibles partidos de oitavos de final e cuartos de final de España no caso de que se clasifique. Neste sentido en oitavos de final cruzaríanse os representantes dos grupos A e B por unha banda e C e D polo outro respectivamente.
UNIÓN INSTITUCIONAL
No acto celebrado na Deputación de Pontevedra as institucións públicas mostraron a súa satisfacción pola colaboración entre o Concello de Pontevedra e Vigo, a propia Deputación e a Secretaría Xeral para o Deporte, un precedente no caso das dúas cidades que "abre o camiño cara o futuro", avanzou o alcalde da Boa Vila, Miguel Anxo Fernández Lores, xa que "queremos que cada vez os campionatos sexan máis importantes" e iso pasa necesariamente por estreitar lazos entre as dúas localidades.
Tras a rolda de discursos na que tamén participaron o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, e a presidenta provincial, Carmela Silva, o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, sinalou que "ahora sólo queda llenar los pabellones y disfrutar del balonmano".
Relacionadas:
-
A Deputación seguirá a financiar "proxectos maduros" de Pontevedra con máis de 10 millóns de euros
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
España xogará un amigable en Redondela previo ao Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
Á venda as entradas e abonos do Mundial Júnior de Balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Diego Espiño |
-
A inauguración e o debut de España no Mundial Júnior de balonmán serán en Pontevedra
Por Redacción |
-
España dá a coñecer a pre-lista de xogadores para o Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
O sorteo do Mundial junior de balonmán, o 21 de maio na Deputación de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Pavillón Municipal pasa a última inspección da IHF previa ao Mundial Júnior de balonmán
Por Diego Espiño |
-
O Mundial Junior 2019 de balonmán avanza na súa organización sen revelar a sede da final
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |