O Áncora D'Ouro aposta polo fútbol sala feminino no seu 30 aniversario
Por Redacción
O fútbol sala feminino será a principal aposta do Áncora D'Ouro para a tempada do seu 30 aniversario.
Así o recoñece o club marinense na recentemente estreada campaña de captación de futbolistas para a próxima tempada. Nela farán especial énfase en atopar xogadoras para crear unha estrutura feminina nas diferentes categorías de base que complete a súa oferta.
Na actualidade o Áncora D'Ouro conta con equipos en todas as idades de formación desde idade alevín ata a xuvenil. Con todo agora márcase como obxectivo "lograr sección feminina e masculina de fútbol sala ao completo", recoñecen.
Estas xornadas de captación desenvolveranse ata o 19 de xuño no pavillón da Cañota, base principal dos seus adestramentos nas súas diferentes categorías desde as 16:00 ás 22:00 horas. Serán xornadas de portas abertas onde os nenos e nenas interesados en unirse ao club poderán adestrar cos actuais equipos de maneira gratuíta.
Durante a tempada que está a piques de finalizar o Áncora D'Ouro contou con 185 xogadores e xogadoras federadas entre os seus diferentes equipos.