Xadrez na Rúa e Pontexadrez, dobre cita na Praza de España
Por Redacción
O xadrez será protagonista durante a fin de semana na Praza de España, onde se celebrará unha dobre cita con Xadrez na Rúa e Ponxadrez.
O primeiro dos eventos organizado pola Escola Xadrez Pontevedra será o Xadrez na Rúa, cita que reunirá o venres 24 na carpa instalada para a ocasión a máis de 300 escolares de Pontevedra.
Serán alumnos de 5º e 6º de Primaria, que xogarán partidas de xadrez entre as 11:00 e as 13:30 horas. Ademais xa pola tarde organizaranse actividades complementarias coma obradoiros ou clases de xadrez.
Trátase ademais dun evento de carácter solidario, xa que un ano máis se pide aos participantes que colaboren nunha recollida de alimentos non perecedoiros en favor do comedor social de San Francisco.
Pola súa banda o sábado 25 de maio tomará a testemuña a décima edición de Pontexadrez, torneo para diferentes idades que ten prevista a participación de 250 xogadores chegados desde diversos puntos de Galicia e Portugal e que forma parte do Circuito Gallego de Promoción.
A dobre cita deportiva foi presentada este xoves no Concello de Pontevedra coa presenza da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, xunto a Daniel Rivera e Pablo García, representantes da Escola de Xadrez Pontevedra.