Carla Goyanes clasifícase para o Europeo Júnior de natación en augas abertas
Por Redacción
Obxectivo cumprido para Carla Goyanes. A deportista do Club Natación Galaico conseguiu este xoves a clasificación para o Campionato de Europa Júnior de natación en augas abertas que se disputará en Racice, República Checa.
A nadadora pontevedresa conseguiuno na proba dos 10 quilómetros do Campionato de Francia que se celebra estes días en Brive, segunda parada da Copa LEN europea.
Goyanes finalizou na 25ª posición cun tempo de 2 h.06.23:94, sendo a mellor española en idade júnior e logrando por tanto o billete ao Europeo da categoría, ao ser un evento clasificatorio. Superou nesa pelexa a Claudia Giralt (29ª con 2 h.08.29:24), cuxa presencia na República Checa queda pendente de criterio técnico.
A carreira deixou unha grata noticia para a natación nacional coa vitoria da española Paula Ruiz (1 h.59.56:12), por diante da actual campioa olímpica, a holandesa Sharon van Rouwendaal.
Notable foi tamén a actuación de María Vilas, deportista ribeirense do Galaico, que foi novena (2 h.01.58:81) e que queda pendente da dirección técnica da Real Federación Española de Natación para ir ao Campionato do Mundo de Gwangju-Corea do Sur.
A participación de Carla Goyanes e María Vilas no campionato francés terá un segundo capítulo este sñabado 25 de maio na proba dos 5 quilómetros.
Relacionadas:
-
Prata para Carla Goyanes no Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
María Vilas gaña o bronce nos 5 quilómetros do Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
O Galaico acudirá con oito nadadores ao Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes e María Vilas rematan a súa participación no Campionato de Francia
Por Redacción |
-
Carla Goyanes e María Vilas viaxan a Francia co equipo nacional de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Dezasete medallas e un record galego, exitoso balance do Galaico en Ferrol
Por Redacción |
-
O Galaico roza as medallas con Bea Gómez e María Vilas no Campionato de España Open
Por Redacción |
-
María Vilas e Carla Goyanes, bronces no Campionato de España de Longa Distancia
Por Almu Dapena |