Xornada de trámite e despedidas para o Teucro na visita do Benidorm ao Municipal
Por Redacción
A Liga Asobal despídese este sábado (17:00 horas) de Pontevedra, polo menos de momento. A Sociedad Deportiva Teucro recibe no Pavillón Municipal dos Deportes o Balonmano Benidorm nunha xornada instrascendente para a clasificación.
Cos azuis xa descendidos e comezando a planificar a próxima campaña na División de Honra Prata, o encontro converterase nunha xornada de despedidas.
Será a ocasión de moitos xogadores de despedirse da afección pontevedresa desde a pista ou desde a propia bancada, xa que serán moitos os xogadores que non seguirán defendendo a camiseta teucrista. O club xa confirmou as saídas de Rial, Fischer e Sergio Pérez, ademais do cedido Bela, pero seguiranlles outros homes, como Samu Gómez.
Está por ver que sucede co resto de integrantes do primeiro plantel cos que se debe negociar.
Santana, que leva semanas arrastrando molestias físicas, non se vestirá para o duelo ante o Benidorm, sendo un dos xogadores co futuro no aire.
"Nos toca jugar este partido en las condiciones que nunca nos habría gustado, no es una situación fácil pero por lo menos intentaremos despedirnos de la mejor forma", recoñeceu Luís Montes, quen si apunta a un ano máis como adestrador do primeiro equipo do Teucro.
Os colexiados do encontro serán o madrileño David Monjo Ortega e o valenciano Miguel Martín Soria Fabián.
Relacionadas:
-
O Teucro despídese de Asobal caendo ante o Benidorm (29-33)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Rial, Fischer e Sergio Pérez, primeiras baixas confirmadas polo Teucro
Por Redacción |
-
Sergio Pérez, Fischer e Samu Gómez, preto de pechar o seu novo destino lonxe do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro xa é equipo de Honra Prata ao caer ante o Cangas (25-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |