Diego Noriega consegue para o Froiz o triunfo no campionato cántabro elite contrarreloxo
Por Redacción
Positiva fin de semana de competición para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, con dúas frontes abertas en Cantabria e Portugal.
No primeiro lugar, o protagonista foi Diego Noriega, que sen ser un especialista na loita contra o crono conseguiu gañar o campionato cántabro da especialidade na categoría elite celebrado na localidade de Treceño.
Noriega completou o percorrido de 18 quilómetros en 26 minutos e 2 segundos, evidenciando a súa boa adaptación á bicicleta contrarreloxo tras semanas de preparación superando a Ramón Escalante y Enrique Bardón.
Ademais o Froiz desprazouse ata Portugal para tomar parte no Memorial Bruno Neves, no que volvía medirse a equipos do pelotón profesional.
Nas estradas lusas, a pesar de presentarse cun dos equipos máis novos posible, os de Evaristo Portela deron a talla con presenza nas escapadas e con traballo no grupo.
Ao final Jesús Rodríguez Pociña terminou entre os 20 primeiros da xeral. O vencedor foi o profesional Antonio Angulo (Efapel) con Jorge Bueno no 21º posto.
Relacionadas:
-
Protagonismo do Froiz na Selección Galega que participará no Campionato de España de Ciclismo en Ruta
Por Redacción |
-
Iván Martínez dálle unha alegría ao Froiz en Salamanca
Por Redacción |
-
O surafricano Marc Pritzen reforza o Froiz ata final de tempada
Por Redacción |
-
Semana de voltas para o Froiz
Por Redacción |
-
Guillermo García e Diego Noriega danlle ao Froiz catro medallas nos campionatos galegos de ciclismo
Por Redacción |
-
Bo sabor de boca no Froiz tras medirse con profesionais nas Árdenas
Por Redacción |