O Galaico acudirá con oito nadadores ao Campionato de España de Augas Abertas
Por Redacción
María Vilas e Carla Goyanes liderarán ao Club Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas de Banyoles.
As dúas nadadoras internacionais nesta disciplina serán parte do equipo de oito deportistas do club pontevedrés na competición que se desenvolverá no Lago de Banyoles, en Xirona, entre o 14 e o 16 de xuño.
O Galaico aspira a conseguir un bo resultado, animado pola boa imaxe de Goyanes e María Vilas no recente campionato de Francia e tamén ao papel de Cristian Fernández no Mundial de Acuatlón celebrado en Pontevedra, onde foi campión na categoría de grupos de idade.
María Vilas e Cristian Fernández estarán nas dúas probas principais de 10 e 5 quilómetros, mentres que Carla Goyanes, Alexandre Lages e Bruno Rey competirán nos 10 quilómetros e Pablo Martín e Alicia Bouzas nos 5 quilómetros.
Por último completará o equipo Sergio Bethencourt nos 3 quilómetros.
Relacionadas:
-
O Galaico pecha o Nacional de Augas Abertas subindo ao podio nas probas por equipos
Por Redacción |
-
Prata para Carla Goyanes no Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
María Vilas gaña o bronce nos 5 quilómetros do Nacional de augas abertas
Por Sofía Lorenzo |
-
Carla Goyanes e María Vilas rematan a súa participación no Campionato de Francia
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Cristian Fernández: Ata o infinito e máis aló, Tianillo!
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Carla Goyanes clasifícase para o Europeo Júnior de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes e María Vilas viaxan a Francia co equipo nacional de natación en augas abertas
Por Redacción |