Dobre movemento no Cisne, que renova a Jabato e ficha a David Chapela
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán púxose ao choio, sen perder tempo, na planificación da próxima tempada, na que por quinto curso consecutivo competirá na División de Honra Prata.
O club pontevedrés fíxoo ademais con dous movementos importantes, empezando polo banco, no que Javier Fernández 'Jabato' renovou por un ano máis como máximo responsable deportivo.
Será a cuarta tempada do técnico no banco cineísta, ao que chegou no verán de 2016, nun proxecto no que seguirá acompañado por Marcos Otero como segundo adestrador.
Ademais, a entidade presidida por Santiago Picallo fíxose cun reforzo de garantías, recuperando para a causa a David Chapela. O central pontevedrés, recentemente desvinculado do Cangas da Liga Asobal "por motivos laborais" tras dous anos xogando na máxima categoría, regresará así á que foi a súa anterior casa, tras formarse no outro club da cidade, a SD Teucro.
O Cisne ten previsto presentar ao xogador, ademais da renovación dos seus adestradores, o vindeiro luns 3 de xuño.
Relacionadas:
-
Andrés Sánchez, a piques de sumar máis dunha década no Cisne
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne segue dando pasos no seu novo proxecto coa renovación de Pablo Gayoso e Álex Chan
Por Redacción |
-
Alejandro Conde estrea as renovacións no Cisne
Por Redacción |
-
Jabato aposta por "renovar a prácticamente a todo el equipo" do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Final descafeinado do Cisne ante o Nava (32-24)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vitoria merecida pero insuficiente do Cisne ante o Zamora (27-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |