Bo traballo dos padexeiros pontevedreses na Copa do Mundo Sprint de piragüismo en Duisburg
Por Redacción
Esta fin de semana, os padexeiros pontevedres citáronse na localidade alemá de Duisburg para tomar parte na segunda Copa do Mundo Sprint da tempada.
Despois dos bos resultados nas semifinais, Natalia García (Breogán do Grove), xunto ás súas compañeiras Sara Ouzande, Isabel Contreras e Begoña Lazkano, fíxose co primeiro posto na final B de K4 500 metros, sendo, así, décimas na clasificación xeral. Na mesma disciplina e distancia, o cangués Rodrigo Germade, con Saúl Craviotto, Cristian Toro e Marcus Walz, cruzaron a liña de meta en quinta posición, cun tempo de 01:19.903.
Antía Jácome, do EP Ciudad de Pontevedra, e Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio Pescamar, conseguiron terminar en sexto posto a proba de C2 mixta 500 metros.
Doutra banda, en C2 1000 metros, Sieiro e Sergio Vallejo (tamén do club poiense) finalizaron quintos, cun tempo de 03:30.388.
Pola súa banda, a canguesa Teresa Portela fíxose, este venres, coa medalla de prata na final de K1 200 metros. Un resultado que lle permite encarar con maior confianza as próximas probas internacionais e, sobre todo, é unha gran axuda de cara á preparación do Mundial de agosto, no que se xoga a clasificación para Tokyo 2020.
A galega, cun tempo de 40 segundos e 519 milésimas, tan só foi superada pola danesa Emma Jorgensen. O podio completouno a sueca Linnea Stensils.
Relacionadas:
-
Raquel Torres, baza do piragüismo pontevedrés no Europeo Xuvenil de Racice
Por Redacción |
-
Quinto posto para o Ciudad de Pontevedra no Campionato de España Sprint de piragüismo
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés ponse a proba na Copa do Mundo de Duisburg
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca en Trasona a clasificación para o Europeo
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo quedan sen podio no Mundial de piragüismo... por 43 milésimas!
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, Teresa Portela e Tono Campos, cuartos na última xornada do Europeo de Belgrado
Por Redacción |