A Gimnástica logra o terceiro posto en Valencia e dá un paso cara á permanencia en División de Honra
Por Redacción
Paso importante cara á permanencia na División de Honra de Atletismo o dado esta fin de semana pola Gimnástica, ao lograr o terceiro posto no enfrontamento da segunda xornada de competición disputado en Valencia.
A pesar das baixas de última hora, os pontevedreses conseguiron sumar 156 puntos nunha xornada que dominou o club anfitrión, o Fent Cami Mislata con 212 puntos seguido polo AD Marathon con 174. Cuarto e último de grupo foi o AA Catalunya (145 puntos).
A nivel individual os resultados máis destacados foron o de Ignacio Sarmiento nos 400 valos con 52.47 e Carlos Porto no 1.500 con 4:00.16, xa que ambos se apuntaron o triunfo parcial.
Pablo Martínez de Guereñu en altura, Ben Amar Djellal no 800, Francisco López en 110 valos, e a remuda 4x400 formado por Eduardo Gallardo, Roberto Tello, David Abalde e Igancio Sarmiento quedarían segundos. Os terceiros postos levaríanllos Francisco López en pértega, Víctor Gallego en disco e en peso, David Abalde nos 400 metros, Alfonso Palomanes en triplo salto, Daniel Chamosa en 5.000 marcha e Raúl Joaquín Pagán en lanzamento de xavelina.
Con este resultado, aínda que a Gimnástica se relegada á pelexa pola permanencia na xornada final, colle aire e afrontará a cita cun maior colchón de puntos para tentar escapar dos últimos postos.
SEGUNDA JORNADA DE LA LIGA DE ATLETISMO
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) 1 de junio de 2019
El equipo masculino fue tercero en Valencia, con 156 puntos
Ahora a pensar en la tercera jornada y a luchar por estar un año más en División de Honor
¡¡ENHORABUENA!! #SGP1927 #atletismo #athletics #LaLiga4Sports @LaLigaSports pic.twitter.com/iLdYHRhxVf
TERCEIRO POSTO DO EQUIPO FEMININO
Ata Durango, no País Vasco, tivo que desprazarse o equipo feminino da Sociedad Gimnástica na Primeira División, repetindo o resultado da primeira xornada que organizou no CGTD, ao ser terceiras.
As pontevedresas sumaron 156 puntos. Por diante quedaba o Atletismo Alcorcón (206 puntos) e o Bidezábal (187 puntos). Finalmente, o equipo do UCAM Cartagena sería cuarto (138).
Paula de la Torre nos 800 metros, Andrea González en lanzamento de xavelina, Eva Arias en 3.000 obstáculos e a remuda 4x100 composto por Pamela Vidal, Cristina Garrido, Eva Salvado e Xiana González conseguiron senllos primeiros postos.
Pola súa banda Marta Barragáns faríase co segundo posto en salto de lonxitude con 5.41 metros, que ademais supoñería mínima para o Campionato de España sub-18, mentres que Iria Filgueira en martelo, Iris Vilches en 400 valos, Eugenia Gil en 400 metros lisos, Xiana González no 200, Claudia Puig en lanzamento de xavelina, Lucía Ferrer en 100 valos e Blanca Armenteros no 1.500 subiron ao terceiro chanzo do podio.
SEGUNDA JORNADA DE LA LIGA DE ATLETISMO
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) 3 de junio de 2019
El equipo femenino fue tercero en Durango, con 156 puntos
¡¡ENHORABUENA!!
: Luis Tojal#SGP1927 #atletismo #athletics #ligaiberdrolaatletismo pic.twitter.com/cSF3uJsLsQ
A última xornada das ligas nacionais disputarase o día 15 de xuño en sedes aínda sen confirmar.
Relacionadas:
-
Andrea González, brillante medalla de prata para a Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Redacción |
-
Obxectivo cumprido: A Gimnástica sela a permanencia na División de Honra masculina e Primeira feminina
Por Redacción |
-
A Gimnástica xógase a permanencia en División de Honra e Primeira
Por Redacción |
-
Valencia e Durango, paradas para a Gimnástica na segunda xornada das ligas nacionais de atletismo
Por Redacción |
-
Tímida estrea de tempada da Gimnástica nas ligas de División de Honra e Primeira División
Por Redacción |