Luis Montes, renovado como adestrador do Teucro para a próxima tempada
Por Redacción
Era un secreto a voces pero agora o Teucro fíxoo oficial. Luís Montes seguirá un ano máis como adestrador do primeiro equipo.
Así o anunciou a directiva teucrista a través dun comunicado. Confían nel para darlle continuidade ao proxecto deportivo do equipo. Será, por tanto, a súa segunda tempada nos bancos do Municipal.
A pesar do descenso á División de Honra Prata, o Teucro está satisfeito co rendemento do adestrador pontevedrés, que en xullo cumprirá 39 anos.
Destacan que a pesar das numerosas lesións sufridas durante a tempada e dos cambios no persoal, o club logrou pelexar pola permanencia en Asobal ata o final.
O Teucro, ademais, continúa avanzando no deseño do seu plantel para a tempada 2019-2020 e confirmou cinco novas baixas.
Así, ás saídas xa anunciadas de Sergio Pérez, Guillermo Fisher e Jose Rial, súmanse agora oficialmente as baixas de Samu Gómez, Fafa Cangiani, Carlos Gehrardt, Ismael Bela e o máximo goleador da última Liga Asobal, o serbio Davor Cutura.
Relacionadas:
-
Ferrán Cisneros convértese na terceira fichaxe do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro exerce a cláusula de renovación de Vicente Poveda
Por Redacción |
-
Juan Quintas pon fin ao seu paso polo Teucro
Por Sofía Lorenzo |
-
O arxentino Federico Wermbter, aposta do Teucro para a portería
Por Redacción |
-
O francés Christopher Corneil reforzará a primeira liña do Teucro
Por Redacción |
-
Competición ameaza o Teucro coa prohibición de inscribir ao equipo por unha débeda de 11.528 euros
Por Diego Espiño |
-
O Teucro despídese de Asobal caendo ante o Benidorm (29-33)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Rial, Fischer e Sergio Pérez, primeiras baixas confirmadas polo Teucro
Por Redacción |