A inauguración e o debut de España no Mundial Júnior de balonmán serán en Pontevedra
Por Redacción
Despois de semanas de espera, a Federación Internacional de Balonmán (IHF) fixo oficial por fin o calendario de competición do Campionato do Mundo Júnior de Balonmán que se celebrará entre o 16 e o 28 de xullo en Pontevedra e Vigo, así como a repartición final entre as sedes.
A principal novidade pasa pola decisión de que a cerimonia inaugural do campionato, así como o debut de España, terán lugar no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra o martes 16 de xullo. Primeiro cos actos oficiais de apertura e despois co España-Estados Unidos (21:00 horas) correspondente ao Grupo A.
Este será o único partido do Grupo A que se disputará na Boa Vila, xa que o resto da fase de grupos dos Hispanos Júnior xogarase en Vigo, do mesmo xeito que o Grupo B, mentres que a Boa Vila será sede dos grupos C (Portugal, Croacia, Hungría, Brasil, Barhein, Kósovo) e D (Alemaña, Islandia, Noruega, Arxentina, Dinamarca, Chile).
Así se adiantou tras o acordo das dúas cidades, un acordo que se respectou xa que os oitavos e cuartos de final repartiranse entre Vigo e Pontevedra, aínda que cos posibles partidos de España en caso de clasificarse no Municipal ontevedrés, onde tamén se poñerán en xogo as semifinais. Por último, a pelexa polas medallas co 3-4º posto e a gran final terán como escenario o pavillón das Travesas en Vigo.
Relacionadas:
-
España xogará un amigable en Redondela previo ao Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
Á venda as entradas e abonos do Mundial Júnior de Balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Diego Espiño |
-
España dá a coñecer a pre-lista de xogadores para o Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
O Mundial Júnior de Balonmán de Vigo e Pontevedra desvela o seu cadro de competición
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O sorteo do Mundial junior de balonmán, o 21 de maio na Deputación de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Pavillón Municipal pasa a última inspección da IHF previa ao Mundial Júnior de balonmán
Por Diego Espiño |