O Peixe Galego busca recursos para competir en LEB Ouro e lanza a súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño
Conseguida a primeira proeza na cancha de xogo, a segunda pasa polos despachos. O Peixe Galego traballa estes días a pleno rendemento para conseguir os recursos económicos necesarios que lle permitan competir por segunda vez na súa historia na segunda categoría do baloncesto nacional, a Liga LEB Ouro.
As esixencias desta categoría supoñen un salto importante a nivel orzamentario. Así, os de Marín necesitarán cubrir un aval bancario de 150.000 euros e terán que pagar unha cota de inscrición de 36.000 euros, iso sen contar os 40.000 euros que se destinarán a arbitraxes.
Por todo iso o Peix Galego trasladou un chamamento a "toda a sociedade marinense, afeccionados, empresas e institucións públicas" para que se impliquen no novo proxecto deportivo.
Un deses apoios baséase na nova campaña de socios do club, que se pon en marcha buscando aumentar a súa masa social e premiando a fidelidade, xa que se os seguidores retiran o seu carné antes do 5 de xullo gozarán dunha rebaixa. A partir desa data os abonos pasarán a custar 10 euros máis.
O abono, cuxo pago poderá fraccionarse, incluirá os partidos de liga regular, un total de 18 encontros, 17 como locais e un de presentación polo que non pagarán nunca máis de 6 euros. "Un prezo alcanzable pero que sen dúbida axudará ao noso equipo para saír na categoría que se gañou na pista", sinalan desde a entidade.
Así queda a campaña de socios do Peixe Galego para a tempada 2019/2020:
CATEGORÍA | RENOVACIÓN | NUEVO SOCIO |
Sénior | 90 euros | 100 euros |
Xuvenil | 40 euros | 50 euros |
Familiar | 75 adulto/25 xuvenil | 85 adulto/35 xuvenil |
Colectivos especiais | 70 euros | 70 euros |
Nos próximos días, sinala o Peixe Galego, habilitaranse as canles para abonarse a través da web do club, no Pavillón da Raña, en locais asociados e na Alameda de Marín.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego ultima fichaxes e renovacións tras confirmar a súa presenza en LEB Ouro
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego inicia os trámites para xogar en LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo |
-
Os socios do Peixe Galego apoian un proxecto "con los pies en el suelo" para saír en LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego ou o triunfo dun proxecto humilde e constante
Por Diego Espiño |
-
Marín celebra que o Peixe xa é de LEB Ouro
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |