Daniel Ramos sela a súa renovación co Cisne
Por Redacción
A semana arrinca para o Club Cisne Balonmán cunha renovación máis pensando no novo proxecto deportivo do club na División de Honra Prata.
Trátase de Daniel Ramos, que aos seus 19 anos afrontará a terceira campaña na entidade pontevedresa, á que chegou procedente do FC Barcelona.
O pivote silledense, home importante nos esquemas de Jabato, valorou a posibilidade que lle ofrece o Cisne de continuar cos seus estudos mentres xoga ao máximo nivel.
"Estou encantado de renovar un ano máis. Isto permíteme seguir cos meus estudos e seguir crecendo como xogador", sinalou Ramos en declaracións difundidas polo club.
Ademais de Daniel Ramos, o Cisne 2019/2020 ten como nomes confirmados polo momento a Pablo Gayoso, Álex Chan e Alejandro Conde, todos eles reconvados, e ao fichado David Chapela.
Relacionadas:
-
O Cisne apontoa a súa defensa coa fichaxe de Iván Calvo
Por Manu Otero |
-
Andrés Sánchez, a piques de sumar máis dunha década no Cisne
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne pecha a fichaxe de Iván Calvo e prepara unha xornada de captación para a súa base
Por Redacción |
-
Javi Vázquez, toda unha vida no Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne segue dando pasos no seu novo proxecto coa renovación de Pablo Gayoso e Álex Chan
Por Redacción |
-
O pontevedrés Carlos Álvarez, convocado cos Hispanos Promesas para xogar o Europeo Open
Por Redacción |
-
Alejandro Conde estrea as renovacións no Cisne
Por Redacción |
-
Jabato aposta por "renovar a prácticamente a todo el equipo" do Cisne
Por Diego Espiño |