Zaira Corchero e Aarón González poñen as súas miras no Campionato de España Elite de Boxeo
Por Redacción
O Team Thunder segue ampliando o seu palmarés deportivo e xa mira cara a retos ambiciosos como o Campionato de España Elite de Boxeo.
Antes diso, Zaira Corchero conquistou en Ferrol a pasada fin de semana o título de campioa galega elite no peso mosca.
A púxil vasca afincada en Marín venceu a María Vilas, do Stadium de Arteixo, por KO no segundo asalto. O combate foi un monólogo de Corchero, que saíu a por todas propinando dúas contas de protección e conseguindo pechar a contenda antes de tempo cunha gran superioridade.
Zaira únese así a Aarón González na representación do Team Thunder no Campionato de España que se disputará o próximo mes de xullo en Badaxoz.
O obxectivo de ambos os dous, avanzan desde o club marinense, será tentar loitar polos postos de podio.
Relacionadas:
-
Aarón González continúa a súa preparación física na Línea de la Concepción
Por Redacción |
-
Aarón González regresa á Selección Española de boxeo
Por Redacción |
-
A historia do boxeador marinense Aarón González, convertida nun documental
Por Redacción |
-
A Cañota, ata os topes coa Copa Galicia de boxeo
Por Redacción |