Unha boa actuación de Huntley non é suficiente para que Arxil lle plantara cara ó Feel Cortegada
Por Ramón Estévez
Comezaba a tempada regular para Arxil e Feel Cortegada e non podería facelo da mellor maneira, cun derby provincial na cidade do Lérez. Ambos equipos chegaban con dinámicas diferentes, xa que as de Maite Méndez quedaran fóra da fase final da copa Galicia, mentres que as de Pepe Vázquez conquistaron o título autonómico en Ferrol. Pero todo iso quedou nun segundo plano xa que o comezo da liga, a condición de local do Arxil e a rivalidade entre ambos equipos eran factores que equilibraban un enfrontamento no que as de Vilagarcía partían como favoritas, aínda máis tras gañar na pretempada, tamén como visitantes, por 13 puntos de diferencia.
As de Maite Méndez tiñan claro que a única forma de frear ó Feel cortegada era plantexando un partido trabado, facendo que non estiveran inspiradas no tiro, a través da defensa. E tiveron éxito, aínda que só durante un período, no que incluso estiveron por diante (10-8), pero nese instante comezou a debacle local, e cun parcial de 0-14 o Feel Cortegada disparouse a un 10-22 no electrónico que fixo saltar as alarmas no banquiño local. Así, e con só 5 puntos anotados durante o cuarto, Arxil chegou ó intermedio 15-29 por debaixo.
O terceiro foi o cuarto da rendición pontevedresa. María España, Montse Gilabert e Salomé García martilleaban o aro local dende a longa distancia e Amy Syll tamén facía dano por dentro. A réplica, só era dada a ráfagas pola canadiana Zara Huntley, polo que tras un contrataque culminado pola ex arxilista Onaissa Sbahy, as de Pepe Vázquez íanse arriba 22-53 con 10 minutos por xogar.
No último período Huntley tentaba tirar do seu equipo, anotou 14 puntos con 19 de valoración, pero estaba moi soa e o adestrador visitante optou por dar minutos a tódalas súas xogadoras, que anotaron a lo menos un punto, polo que o final do encontro foi una festa visitante, cunha nutrida representación de afeccionados do Feel Cortegada nas bancadas. ÿ remate do encontro 34-77 con María España anotando 17 puntos con 5 triplas, pola súa banda Salomé García fixo 12 puntos con 2 triplas e a senegalesa Amy Syll dominou a zona con 12 puntos e 8 rebotes
Na vindeira xornada ó Feel Cortegada tócalle descansar debido a que a competición conta só con 11 equipos, mentres que o Arxil terá que visitar una cancha moi complicada como é a do ensino de Lugo, o próximo sábado a partir das 19:00 horas.
Ficha técnica:
Arxil 34 (10+5+7+12): Marina Ramírez (3), Sandra Entenza, Ana Martín (8), Carla Fernández (2), Andrea Carrera, Jara Tuda (2), Zara Huntley (14), Estefanía López (3), Cristina Díaz Pache, Natalia Soage y Whitney Hood (2).
Feel Cortegada 77 (12+17+24+24): Andrea Ríos (9), Dita Liepkalne (6), Marta Carregal (2), Alejandra Carballa (6), Eva Arines (2), Montse Gilabert (3), Onaissa Sbahy (6), María España (17), Salomé García (10), Amy Syll (12), Lucía Méndez (1) e Ilenia Manzanares (3).
Arbitros: David Guillán e José Antonio Godoy. Non houbo xogadoras eliminadas por persoais.
Incidencias: Encontro celebrado no Estadio da Xuventude de Pontevedra. Tres cuartos de entrada, con moita afección chegada dende Vilagarcía.