Xornada de portas abertas do Club Natación Sincronizada Pontevedra
Por Redacción
Este domingo 16 de xuño, o Club Natación Sincronizada Pontevedra organiza unha xornada de portas abertas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, convidando a todo o público infantil a probar o seu deporte de forma totalmente gratuíta.
Para poder asistir á xornada de portas abertas, as persoas interesadas deberán contactar co Club meditante o telefóno 648.659.034 ou o correo electrónico presidente@cnsincropontevedra.com.
Tal evento permitirá que calquera nena ou neno, de calquera idade, se familiarice coas habilidades e destrezas básicas que achega este deporte, coñecido popularmente como ballet acuático, combinando desta maneira a natación, o baile e a música.
Coa práctica da natación sincronizada, tamén se tenta fomentar un hábito de vida saudable á vez que se practica unha disciplina onde o traballo en equipo é a base, "ofrecendo a mellor alternativa acuática cun deporte creativo e que evita caer na monotonía", aseguran os organizadores.