Eduardo Salazar únese a Wermbter na portería do Teucro
Por Sofía Lorenzo
Edu Salazar convértese na sexta fichaxe da Sociedad Deportiva Teucro. Despois da incorporación do arxentino, Federico Wermbter, Salazar chega para afianzar a portería do equipo pontevedrés a próxima tempada en Honra Prata.
O gardameta de 26 anos, nacido en Venezuela e criado en Galicia, acumula "unha gran experiencia en Asobal", sinala Luís Montes, técnico teucrista. Vén de formar parte das filas do Anaitasuna, "equipo de moito nivel na categoría", durante un ano e catro do Cangas, polo que "pode achegar moito na nosa portería", puntualiza Montes.
Así mesmo, o técnico confesa que "estamos moi contentos pola incorporación de Salazar, porque, ademais de ser galego, contrasta moito co perfil de porteiro de Wermbter". "Edu é un xogador moito máis explosivo, mentres que Federico é de máis envergadura", explica Montes.
En definitiva, a chegada de Salazar supón un plus ao equipo, que "consegue unha portería realmente completa e creo que moi boa para afrontar a tempada", conclúe o míster.
Edu súmase, así, á lista de fichaxes do Teucro: Andrés Torres, Bojicic, Ferrán Cisneros, Christopher Corneil e Federico Wermbter, ademais das renovacións de Vicente Poveda, Andrés Moyano, Domingo Luís e Samu Pereiro.
Relacionadas:
-
O extremo esquerdo Fran Bujalance, novo xogador do Teucro
Por Redacción |
-
Domingo Luís abandona o Teucro tras abonar a súa cláusula de rescisión
Por Redacción |
-
O extremo Lucas Abadía, nova fichaxe do Teucro
Por Redacción |
-
A débeda do Teucro coa Federación xa está saldada
Por Sofía Lorenzo |
-
O Teucro aposta polo pivote Nemanja Bojicic para a súa nova etapa en Honra Prata
Por Sofía Lorenzo |
-
O pivote José Andrés Torres, novo reforzo para un Teucro no que non seguirá Lloria
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Ferrán Cisneros convértese na terceira fichaxe do Teucro
Por Diego Espiño |