O Arosa volve apostar por Rafa Sáez como adestrador
Por Sofía Lorenzo
Rafa Sáez volverá estar á fronte do primeiro equipo do Arosa durante, polo menos, unha tempada máis. O técnico pontevedrés, tras os bos resultados deste ano, chegou a un acordo con Manolo Abalo, de novo presidente do club, para continuar formando parte do proxecto para os próximos anos.
Sáez chegou ao cadro arousán o pasado verán para disputar a tempada 2018/19 como adestrador. Con todo, foi no mesmo equipo onde empezou a súa carreira como futbolista no ano 1979.
O propio presidente do club asegurou, o día da súa reelección no cargo (a pasada fin de semana), que "a aposta para este ano vai ser practicamente a mesma, imos seguir coa dinámica da recentemente terminada tempada", na que non chegaron a estar nunca sobre as cordas, asegurándose a permanencia en Terceira e, mesmo, aínda que non optasen ao play-off, quedando nunha posición alta. E Rafa Sáez supón unha peza crave niso, polo que non se desvinculará do club polo momento.
Relacionadas:
-
O Arosa presenta á súa primeira fichaxe, Sergio Cotilla 'Coti'
Por Redacción |
-
O Arosa comeza o verán con dúas baixas e outra renovación
Por Sofía Lorenzo |
-
Suso Martínez e Manu Táboas estrean a rolda de renovacións no Arosa
Por Redacción |
-
Manolo Abalo, reelexido presidente do Arosa tras arrasar nas eleccións
Por Sofía Lorenzo |
-
Final de tempada agridoce do Arousa ao caer ante o Somozas (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa leva o derbi na casa ante o Ribadumia e condénalle ao descenso (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa cae en Lugo ante o Villalbés no tempo de desconto (1-0)
Por Redacción |