Sant Adriá gaña todos os partidos do Nacional Infantil Feminino e coróase campión
Por Redacción
O pavillón A Raña acolleu este sábado a final do Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto, organizado polo Peixe Galego na súa pista.
Un total de 32 equipos procedentes de diferentes zonas de España acudiron á cita. De todos eles, só catro tomaron parte no último día de competición: Sant Martí e Estudantes, pelexando polo primeiro posto, e o Barcelona e o Canteira Unicaja para definir o terceiro e cuarto posto.
A actividade comezou ás 10:30 co choque entre Barça e Unicaja, no que as primeiras se impuxeron por unha diferenza de soamente seis puntos (68-74), que lles permitían poñer punto e final á competición nun merecido terceiro posto.
A continuación, ás 12:30, comezou o cruzamento polo título de campioas. Nesta ocasión, as catalás, despois de gañar os seis partidos que xogaron durante o torneo, deixaron claro que esta vez non sería distinto. Levaron o ouro con autoridade (51-87), impedindo ás do Estudantes reducir a renda durante o envite.
O pavillón marinense permaneceu cheo durante os dous encontros e todos os asistentes animaron aos equipos participantes, facendo máis intensa, se cabe, a xornada.