As eliminacións de Alondras e Bergantiños no play-off confirman os descensos de Céltiga e Marcón
Por Redacción
Acabou o que se daba. As mínimas opcións de permanencia que aínda albergaban o Céltiga na Terceira División e o Marcón Atlético en Preferente apagáronse.
Finalizada a liga regular, ambos os dous equipos quedaron situados nas prazas de arrastre provocadas polas caídas de Rápido de Bouzas e Fabril desde a Segunda División B, quedando a expensas de que se producisen ascensos desde Terceira División.
O primeiro paso deuno o Racing de Ferrol na eliminatoria de campións, na que derrotou ao Real Jaén. O ascenso dos ferroláns a Segunda B salvou de perder a categoría ao Paiosaco en Terceira, ao ser o mellor clasificado dos arrastres, pero facía falta un ascenso máis.
O Compostela caeu eliminado ao primeiro de vez, pero non así Alondras e Bergantiños, que pasaron a segunda rolda. Con todo os de Cangas perderon no choque de ida ante o Portugalete (1-2) e non conseguiron darlle a volta á eliminatoria no País Vasco (1-1) a pesar de rozalo, mentres que o Bergantiños perdeu 2-0 en Villarrubia e non conseguiu a remontada na casa (2-1).
Esta situación condenou definitivamente o Céltiga ao descenso a Preferente, mentres que o Marcón Atlético cae á 1ª Autonómica. Polo mesmo motivo ademais o San Martín de Vilaxoán descende a 2ª Autonómica.
"Non houbo sorte. Unha pena non facer o traballo antes. Queda unha primeira rexional dura e bonita á vez", publicou o Marcón Atlético unha vez coñecido o resultado. Aos pontevedreses só queda repoñerse do golpe e tentar recuperar a categoría perdida máis pronto que tarde.
Con la derrota del @BerganFC el Marcón desciende a primera regional. No hubo suerte.
— Marcón Atlético (@marconatl) 16 de junio de 2019
Una pena no haber hecho el trabajo antes. Queda una primera regional dura y bonita a la vez.
Hasta siempre Preferente.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B encaixa, ante o Céltiga, a súa segunda derrota do curso en Preferente (2-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B cae no seu regreso a Preferente ante o Cambados e o Ribadumia-Céltiga remata en tablas
Por Redacción |
-
O Marcón, descendido a expensas dun milagroso rebote para salvar a categoría
Por Ramiro Espiño |