Áncora D'Ouro, Juventud Cambados e o Colexio Sagrado Corazón, entre os premiados na Gala do Fútbol Galego
Por Redacción
A Cidade da Cultura será escenario o vindeiro venres 21 de xuño da Gala do Fútbol Gallego 2019, no que serán galardoados varios equipos da comarca.
A directiva da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) acordou concederlle ao equipo feminino do RC Deportivo a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo tras o seu histórico ascenso á máxima categoría nacional.
En canto aos representantes da comarca, o Club Juventud Cambados recibirá o premio da delegación de Pontevedra polo seu traballo de canteira, un labor que tamén será recoñecido no caso do Áncora D' Ouro de Marín no apartado de fútbol sala.
Do mesmo xeito que nos últimos dous anos, a federación premiará tamén a un club vinculado a un centro educativo no que o ensino en valores está por arriba dos intereses deportivos, premio que nesta ocasión recae no Sagrado Corazón CF de Pontevedra.
Ademais nos premios a toda a unha vida dedicada ao fútbol renderase homenaxe ao adestrador Gabriel Leis, ao xogador veterano Manuel Araújo (Vilariño) e a Antonio Pintos 'Toñito Forrollo', histórico utilleiro e colaborador do Unión Dena.
Por último a título póstumo a RFGF lembrará ao porteiro cambadés Manuel Pazos, que xogou no Celta, Real Madrid, Hércules, Atlético de Madrid ou Elxe e que faleceu no último ano.
Consulta a relación completa de premiados na Gala do Fútbol Galego 2019.