O Atlético Cuntis abre as súas portas ao fútbol feminino
Por Redacción
Crear unha estrutura de fútbol base feminino é un dos obxectivos que o Atlético Cuntis márcase a curto ou medio prazo.
Así o recoñeceu o seu presidente, Fran Fontenla, na presentación do DéporCampus do Real Club Deportivo que se celebrará no campo de fútbol da Ran.
"Queremos facer en Cuntis un equipo de fútbol-base feminino con nenas de seis a doce anos, así que este campus é tamén unha estupenda oportunidade para as rapazas que queiran practicar este deporte", sinalou Fontenla.
Este campus, que se celebrará do 8 ao 12 de xullo, está dirixido para nenos e nenas entre 6 e 14 anos de idade e espera a participación de ao redor de medio cento de inscritos que recibirán leccións prácticas de adestradores do club coruñés.
Á presentación do evento acudiron tamén o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a concelleira de Deportes, Conchi Campos, o coordinador do Atlético Cuntis, David López, e Vanesa Fuentes, representante de Termas de Cuntis.