A ITU dálle "matrícula de honor" á organización dos Mundiais Multideporte de Pontevedra

Por Diego Espiño
Pontevedra pasou con nota o exame da Federación Internacional de Tríatlon (ITU) con motivo dos Mundiais Multisport organizados na cidade, e que supuxeron o desembarco de case 4.000 deportistas para competir nos campionatos do mundo de tríatlon de longa distancia, tríatlon cros, dúatlon, acuatlón e aquabike.
Así o asegurou o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, de visita na cidade para presentar o Pro Tour que organizará Pontevedra o próximo mes de outubro.
Segundo Hidalgo os informes elaborados polos delegados técnicos da ITU e recibidos xa na sede central de Lausanne, son de "matrícula de honor" para a cidade.
"Creedme que ha sido un informe inmejorable y ejemplar", explicou o presidente federativo, sinalando ademais que "se invita al resto de ciudades a que el guión a seguir en los próximos años sea precisamente el que se ha seguido en Pontevedra".
Esta alta cualificación, tras o éxito organizativo, deportivo e de público nos Mundiais Multideporte de Pontevedra 2019, supón un reforzo ás aspiracións da cidade para presentar a súa candidatura para albergar a Gran Final das Series Mundiais de tríatlon no ano 2023.
Relacionadas:
-
Pontevedra repetirá en 2025 como sede do Mundial Multideporte de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Reaccións á designación de Pontevedra como sede das Series Mundiais de tríatlon: "Os soños fanse realidade"
Por Diego Espiño |
-
"Broche de ouro" de Pontevedra co tríatlon: Acollerá a Gran Final das Series Mundiais en 2023
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presenta a súa candidatura para acoller a Gran Final das Series Mundiais de tríatlon en 2023
Por Diego Espiño |
-
Os campións mundiais do ITU Multisport de Pontevedra manterán o seu título ata 2021
Por Diego Espiño |
-
Un ano despois de ser o centro de atención do tríatlon mundial
Por Diego Espiño |
-
O ITU Multisport de tríatlon, unha experiencia irrepetible para Pontevedra cun final de conto
Por Diego Espiño |
-
Un triatleta portugués que foi prata no ITU Multisport de Pontevedra dá positivo por dopaxe
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Presentan a primeira edición do Pro Tour de tríatlon que acollerá Pontevedra en outubro
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra será candidata para acoller a final das Series Mundiais de tríatlon
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |