A canteira do Pontevedra Rugby Club déixase notar no Campionato de España de Autonomías
Por Redacción
O rugby galego dá aos poucos pasos cara adiante, e con el faino o Pontevedra Rugby Club.
Cinco representantes do club pontevedrés participaron no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) para as categorías sub-18 e sub-16 celebrado en Valladolid, no que Galicia mellorou os seus rexistros de anos anteriores.
Tres dos xogadores do PRC competiron no equipo de Galicia Sub-16 masculino. Foron Avián Cabrera, Rafa Fernández e Jorge Sanmartín, mentres que Nacho Pagnotta participou na Sub-18 do mesmo xeito que Isabella Foylan na categoría feminina.
Nas diferentes idades Galicia finalizou no sétimo posto.
O CESA disputouse en modalidade olímpica (rugby 7) evidenciando un aumento de nivel e rendemento con respecto a pasadas edicións, sinalan desde o Pontevedra Rugby Club.
Relacionadas:
-
O derbi entre Mareantes e Pontevedra RC regresa despois de tres tempadas
Por Redacción |
-
Estrea dispar para os equipos pontevedreses na renovada Liga Galega de rugby
Por Redacción |
-
Rugby e educación, da man na Xunqueira
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Xogadores sub12 e sub14 do Pontevedra Rugby Club, de convivencia en Belfast
Por Redacción |
-
Retoman a idea de impulsar a creación do equipo femenino de rugby
Por Almu Dapena |